Manual Para Coeducar Na Escola Infantil / Manual to Educate Children School
Author | : María Luísa Abad Abad |
Publisher | : Xerais De Galicia Edicions |
Total Pages | : 40 |
Release | : 2008-07-25 |
ISBN-10 | : 8497828844 |
ISBN-13 | : 9788497828840 |
Rating | : 4/5 (44 Downloads) |
Download or read book Manual Para Coeducar Na Escola Infantil / Manual to Educate Children School written by María Luísa Abad Abad and published by Xerais De Galicia Edicions. This book was released on 2008-07-25 with total page 40 pages. Available in PDF, EPUB and Kindle. Book excerpt: A verdadeira realización do principio de igualdade comeza pola educación. Xa desde o mesmo momento no que os pais e as nais coñecen o sexo da súa futura crianza ábrense expectativas vitais moi diferenciadas por diante. A cor da roupa é só unha anécdota se o comparamos coas posibilidades de realización persoais que semellan máis acaídas para unha nena e para un neno. Xoguetes, cancións, contos, deportes...., todo un universo diferenciado en función do xénero que o corpo biolóxico aprenderá día a día. Enfrontármonos desde as primeiras aulas a esta realidade é a grande oportunidade para contribuír á súa modificación. Levamos anos desexando coeducar na escola mixta, e agora que pulamos por construír unha rede galega de escola infantís, as galescolas, agardamos que este sexa un dos seus piares fundamentais. O material que nos presenta a autora é unha base importante para o traballo diario dos e das profesionais, unha axuda fundamental para achegarnos á cerna mesma da igualdade, nomeadamente, a configuración social de estereotipos sexistas que marcan a vida das persoas. O ensino galego leva dado pasos firmes neste sentido, mais aínda ten por diante culminar este reto. Soñar coas crianzas outra redistribución de papeis sociais de homes e mulleres é o xogo que marcará as regras do futuro.